|
A E.A.S.D. - A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela, é un centro público dependente da Xunta de Galicia fundado en 1888.
A achega deste centro de ensinanzas artísticas foi esencial na formación de artesáns e creadores, na conservación e promoción do noso legado histórico-artístico, así como na xeración dun espazo aberto á formación humanística.
Esta Escola contribuíu á profesionalización das actividades artísticas en Galicia, abrindo a toda a sociedade a posibilidade da aprendizaxe de oficios e técnicas de gran importancia económica e cultural.
Na última década se conferiu rango de estudios universitarios ás nosas ensinanzas, o que supuxo a renovación dun centro que busca ofrecer unha resposta docente de calidade a un novo perfil de alumnado, dotándoo dunha formación multidisciplinar que responda ás esixencias productivas e sociais.
O obxectivo é trasladar a cultura do deseño ao conxunto da sociedade, dende as bases dun ensino público e de calidade, formando profesionais capaces de liderar este proceso.
A plena adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior convértese no reto inmediato para esta institución centenaria.
E.A.S.D. MESTRE MATEO
Rúa Virxe da Cerca, 32
15703 Santiago de Compostela,
Galicia, España
Tel.: 981 587 757 | Fax.: 981 572 293
Email: escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
|