|
A Concellería de Xuventude preparou para mañá sábado, 18 de xullo, dúas actividades: dous torneos de xogos de rol e unha xornada de sensibilización sobre o voluntariado. As competicións de rol, cos xogos Lenda dos 5 aneis e Flames of war, celebrase no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas. A actividade de sensibilización terá lugar na Praza Roxa, de 11:30 a 14:00 horas. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|