|
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugurou na mañá de hoxe no CSC das Fontiñas unha mostra única en Galicia, dedicada ao século XX e formada por centos de xornais e revistas que recollen nas súas portadas os principais acontecementos históricos da pasada centuria. A exposición permanecerá aberta ata o 28 de agosto. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|