|
A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, compareceu ante os medios de comunicación para aclarar que a responsabilidade municipal no concerto de Bruce Springsteen era unicamente o operativo de tráfico e de transporte público e o traslado do artista ata o Monte do Gozo. Por isto, insistiu en que as deficiencias detectadas no acceso ao recinto e dentro del son imputables unicamente á empresa organizadora do concerto. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|