|
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu hoxe a Comisión Executiva do ente interadministrativo. Durante o transcurso da reunión, fixouse o próximo 24 de xullo como data para a reunión do Consello de Administración do Consorcio, no que se aprobarán as contas do organismo relativas ao pasado ano 2008. Tamén no Consello de Administración se tratará a posta en marcha dun plano de infraestruturas para a Cidade Histórica. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|