|
Compostela encherase en agosto de creatividade co Festival dos Abrazos. As rúas, prazas, parques e xardíns de Santiago de Compostela acollerán 130 propostas artísticas innovadoras, que foron presentadas pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez. Música, danza, circo, teatro, obradoiros, proxeccións audiovisuais, performances e arte dixital conforman a programación, que abarca dende pequenas intervencións de rúa a grandes concertos. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|