|
Compostela acolle o martes 4 unha mostra da interculturalidade que lle dá a razón de ser ao Festival dos Abrazos, cunha proposta que une a través da música dúas das marxes europeas máis afastadas entre si. Stockholm Lisboa Project congrega a músicos portugueses e suecos que exploran a conexión das tradicións musicais dos seus países. Como resultado soben ao escenario instrumentos tradicionais e un repertorio que vai de norte a sur mesturando os ritmos escandinavos cos fados máis populares. O concerto é ás dez na praza da Quintana, unha cita que repetirá ao día seguinte. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|